jueves, 11 de agosto de 2011

3 Caimáns e un destino

Pois despois da presentación, as últimas noticias de actividades pasadas e futuras son en referencia as 24 horas somozas bike www.24somozasbike.com i en referencia a próximas competicións que intentaremos afrontar co novo equipamento de serie (michelín ou flotador como lle quieran chamar).
Sobre as 24 Somozas Bike, creo que para ser a primeira vez que organizamos un evento de este tipo todo saiu bastante ben. Para o ano voltaremos con esta proba esperando máis participación, pois a maioría dos participantes remataron ledos do traballo feito pola organización.
Como a cabeza non para, xa teño en mete un retoque do percorrido e algunhas cousiñas a mellorar como o tema da cea, que o ano que ven será mellor, seguramente a base de churrasco e chourizos, jeje.
En defiitiva, pechamos xa a tempada organizativa non sen antes darlle dende aquí as gracias a tódolos que me axudaron a organizar estes eventos. Desde os que estiveron nos cruces, como os cámaras e fotógrafos, a xente de secretaría, xente itinerante de percorridos, avituallamentos etc. etc. Non quero nomear a ninguén porque seguro me olvido de alguén e non sería xusto. Especial agradecemento a Jose e Manuel que estiveron ahí día a día e a Víctor, que se volcou tamén cas 24.
E agora toca adestrar para poder participar con algunha garantía nos próximos eventos.
A volta os entrenos está sendo dura, pero bueno, hay que ter paciencia. Esta semán escomenzamos xa a facer entrenos de ritmos, incluso un día atrevinme cunhas series de 4000-2x2000-4x1000 en compañía de Josecho. O meu consuelo foi ver que él leva o mesmo camiño ca min. Daba gloria ver todos eses kilos de máis moverse polo paseo fluvial de Cecebre baixo o sol, derretíndose o touciño dos michelíns e facendo o 4000 o mesmo ritmo do 1000 porque as pernas non dan para máis...
Tamén fixen unha salida de bici con Luis, tamén me consola ver que outro máis para o grupete dos que lles pesan a inactividade e o churrasco.
Pero bueno, o gran obxectivo está en outubro e chámase euskadi extrem www.euskadiextrem.com
Alí 3 jloriosos caimáns deixarán o seu sinal nos montes vascos, formando un equipo incomparable. Riki (presidente), Gafe (O moucho dos caneiros) e o menda darémolo todo nas terras de Arguiñano.
Sei que saímos de Labastida e acábase en Bilbao en dúas etapas, parando en Orduña o primeiro día. En total 167 kms. de auténtico mountain bike aderezado con casi 3700 metros de ascenso.
Non sei que tal sairá todo pero en principio parece que imos con moito ánimo, pois as tapas de Bilbao están de carallo, así que hai que chegar o máis rápido posible o domingo á meta.
Pero antes disto, haberá dous raids polo medio. O raid de Ponteceso, no que compartirei equipo cos outros dous Gallaecios Roberto Chas (potencia) e Gonzalo Rabuñal (Águila de Barrañán) e o Raid Serranía de Cuenca, onde competirei xunto ca gran deportista e saxofonista Tereza (A Gacela de Brno) e Iván Brea (O león de Carral). Uns días máis tardes estará tamén o raid de Pontevedraid no que aínda non sei con quen vou. Requerirá moito estudo esta cuestión dadas as múltiples ofertas das que dispoño para correr (a ver se non se botan atrás despois de Ponteceso, jijiji) e as gañas que teño de correr con todo o mundo.
Haberá que aplicarse a fondo cos entrenos e a ver se non rompo nada, para poder ir a todo o que se poida, porque o ano que ven non che vai ser o mesmo conto... ;) Un saúdo a todos e bo fin de semana


No hay comentarios:

Publicar un comentario