miércoles, 10 de agosto de 2011

Pequeno resumen de quen vou sendo

Meu nome é Pablo López Franco, máis coñecido no mundo do deporte coma Kiñolas.
Empecei no mundo do deporte de moi noviño. Con 7 anos meu pai me levaba a correlas populares que se facían nas festas que agora xa non se celebran. Normalmente coincidían ca sesión vermout, os maiores tomaban o refrixerio e botaban unha pieza, mentres nos corríamos.
Dáquela non había guarderías nin parques infantís, nin consolas... Normalmente estas carreiras iban por pequenas estradas e camiños, ninguén pedía permisos... en definitiva, facíanse para VOTARSE Ó MONTE...
Todavía recordo a popular de Uxes, Carral, Vilarrodís (aquí quedei o último pero como era o máis pequeno déronme o trofeo "O máis sufrido"). Ahí empezou todo....
Máis tarde con 12 anos, uns colegas liáronme para ir correr o estadio de Riazor.  Un mundo novo abríase ante os meus ollos. No grupo de Antonio Aradas o meu mentor e unha persoa coa que estarei toda a miña vida en débeda, como adestrador, como formador e como amigo. Todavía recordo a súa cara cando cheguei ó estadio por primeira vez "outro máis?? non me traigades máis eh!! - ¿pero podo quedarme a adestrar?? - Sí home sí, pero non avisedes a máis que non dou feito e xa somos moitos.
Era increíble como un home podía atender a máis de 25 rapaces de diferentes idades, con toda a pacencia e dedicación do mundo. Él inculcounos o amor polo deporte e outros valores coma o sacrificio, o compañeirismo, a deportividade...
Un día fun cos meus pais a dar un paseo polos cantós da Coruña e celebrábase creo recordar a primeira ou a segunda proba de marcha atlética "cantones de A Coruña".
Quedei flipao de como aqueles homes e mulleres eran capaces de camiñar tan rápido e con tanta plasticidade.
A semán seguinte había carreiras de atletismo no estadio en categoría infantil. Cando Antonio me preguntou que quería facer díxenlle que marcha.
Él díxome que para iso había que adestrar e ter técnica e fíxome dar unha volta. "Non o fas mal" me dixo, así que, decidín probar.
Por primeira vez na miña vida fun capaz de gañar algo, así que, fíxenme marchador.
Alternaba no inverno o campo a través ca marcha, aínda recordo aqueles campeonatos galegos cos meus compañeiros de equipo de xeracións diferentes 75-76 e 77. Grande equipo cadete do atletismo Coruña, un ano con Daniel Pañart, Josito, Martín... e outro ano con Iván, Ordóñez, Baldomero, Salva e Diego, aquela mítica formación Carral-Coruñesa que era capaz de facerlle fronte os todopoderosos corredores do sur da nosa terra.
Máis tarde deixei o cross e adiqueime a marcha soamente.
Foron moitos os campionatos nos que participei Campionatos Galegos, de España, probas de Circuito internacional e Ligas Españolas en Primeira División e División de honor cos meus clubes Atletismo Coruña, Cai Gran Canaria e Universitario de Santiago.
Recordo con especial cariño aquelas ligas co Atletismo Coruña, sí escoitades ben. Na Coruña había un clube e un equipo de atletismo en División de Honra, que competía cos máis grandes de España coma o equipo Larios ou Chapín, con xente de toda Galicia e cun ambiente criminal. Eramos unha familia.
Os meus resultados máis importantes foron os títulos de campión galego en tódalas categorías desde Cadete a Senior.
O subcampionato de España sub-23 en Castellón 1998
O 4º posto no internacional de Haguenau (Francia) coa selección Española
Finalista en todolos campionatos de España que participei na miña categoría
Tamén suliñar un 10º posto no campionato de España de Donosti no 98 con xente coma Daniel Plaza (oro olímpico) Valentín Massana e Jesús García Bragado (Campións do Mundo), Paquillo Fernández (Campión Europeo e medallista en mundiais), David Márquez (4º na olimpiada de Sidney), Mikel Odriozola, Santi Perez (finalistas en Europeos) e outra xente asidua de copa do mundo coma o meu gran amigo Juan Porras, Alejandro Cambil e algún máis que me quedará no tinteiro.

Atrás quedaron aqueles anos, unha lesión apartoume da marcha e máis tarde probei co mundo da aventura e a mountain bike e quedei encandilado.
Participei en moitas carreiras, dende Orientaventura, Liga North Face, LERA, e Liga galega de Raids, conseguindo moitos podiums e gañando un bo puñado de carreiras na categoría elite. Recordo con especial agarimo aquel campionato ibérico conseguido en Pontevedra no 2006 con Josechu Roel e Tomás Peñaranda.
Tamén recordo con especial agarimo carreiras de expedición nas que participei, como o Ecomotion de Brasil, competindo ó lado do gran Miguel Heras ou o Adventure Max Bosi de Colombia con outro grande dos raids e o ultratrail  Arnau Juliá. Grandísimos corredores e bos amigos. Para un deportista do meu mediocre nivel sempre será unha honra e quedará para o recordo correr con estos deportistas que hoxe son protagonistas de tan grandes xestas.
Tamén un recordo para aquel Bimbache que conseguimos acabar con Ramón, Calín e Paivi.
Non quero olvidarme do resto de compañeiros de aventuras ós que mando unha aperta dende aquí.

Tamén me gustaría enviar un saúdo o meu clube de BTT "Caimanes de Betanzos" co que escomecei no ano 2010 e que en febreiro deste ano debutei en competición na Andalucía Bike Race, xunto co meu compañeiro Ramón Serantes, e no que fumos 19º. Espero estar moitos anos cos meus amigos caimáns tamén.

A aventura convertiuse na miña pasión e alá polo ano 2005 con un grupo de compañeiros e amigos decidimos crear o Clube Gallaecia Raid e facer o primeiro raid de aventura en terras galegas.
Dende aquela adícome a organizar fundamentalmente e a participar cando se pode.
Xa van máis de 12 eventos organizados, o último as 24 horas de BTT de As Somozas (proba de resistencia de bicicleta de montaña).


Fai dous anos unha operación de juanete apartoume das carreiras i este ano unha lesión de cadeira fíxome parar 4 meses.
Estamos aquí de volta, para facer o que apeteza sempre, con ilusión, e sobre todo con gañas de pasalo ben. Esperemos que as lesións me respeten un pouco máis.

E xa non vos conto máis da miña vida... Aquí vos deixo este blog, onde irei colgando as miñas batalliñas e novidades do que faga tanto a nivel organizativo coma participativo tanto sexa de BTT, Raids, Triatlón, etc. etc. sempre con un toque de humor...


1 comentario:

  1. Enhorabunuena por esa trayectoria... tan grande y llena de sacrificio y dedicación... que nació de un hecho tan singular como es una fiesta de pueblo en la que en ese momento no había la diversidad de cosas ni alternativas para los más peques¡¡.. que suerte tuviste con tus padres...
    bueno no debemos quitarte el mérito de todo lo conseguido hasta ahora... todavía te queda mucho... y lo humano también es muy importante... los valores... esos que muchos todavía no han descubierto... siempre digo... como una frase hindú: hay que caminar al menos 1 hora en los pies del otro para saber sentir y después opinar"... gracias por tú recorrido deportivo hasta ahora... desde luego muy lleno... suerte que tuve aquel día de agosto... que nos presentaron y enseguida tuvimos EMPATÍA... un abrazo apretadito...

    ResponderEliminar